Entradas

CURSO 2020 / 2021

 Boas a todo o mundo!   Benvidos a este novo curso académico 2020/2021! Tal e como fixemos o ano pasado cando nos tocou dar a clase dende casa este curso tamén teremos o blog activo así como a canle de YouTube e a Aula Virtual do centro. Foron ferramentas moi útiles durante o período de cuarentena e van a seguir sendo parte importante do noso día a día. Na clase irei avisando cando deixe cousas novas colgadas no blogue así como cando suba un novo vídeo a YouTube. E, como fixemos o curso pasado, todo o que vexades aquí tamén estará dispoñible na Aula Virtual do instituto. Dade unha volta polo blogue e botade unha ollada e, se tedes algunha dúbida, non tedes máis que preguntarme. Un saúdo a moito ánimo! Antón.